Acusan á banca de escusarse na pandemia para ofrecer "menos oficinas, máis comisiones e menos servizos"
A banca, segundo alerta o sindicato CIG, está a aproveitar a pandemia da covid-19 para "forzar" á clientela para abandonar as oficinas e a usar a banca electrónica e os caixeiros. Esta situación, denuncian os traballadores, provocará despedimentos masivos e peor atención ao cliente.
Ese é o caso, por exemplo, do Banco Santander. Representantes sindicais da CIG concentráronse ante as dúas oficinas que a entidade ten en Pontevedra, en Gutiérrez Mellado e Michelena, para protestar ante un ERE que afectará a unhas 5.000 persoas en toda España.
A responsable de Banca no sindicato CIG, Rosa Conde, denunciou que esta medida é unha "agresión brutal" aos traballadores que provocará ademais unha "atención precaria" aos clientes debido ao peche previsto dunhas 79 oficinas en Galicia.
Estas sucursais, engadiu Conde, vanse pechar "sobre todo" en zonas rurais, o que deixará "totalmente desatendidos" e sen servizo a miles de galegos.
A entidade que preside Ana Botín, segundo a CIG, alega motivos económicos para esta nova reestruturación, que vai acompañada dunha "campaña agresiva", alertou a portavoz sindical, para dirixir a clientes a "canles alternativas" como a banda electrónica.
Esta situación provoca, denuncia Rosa Conde, unha gran "vulnerabilidade" en amplos sectores da poboación que por idade ou por dificultade de acceso a internet non teñen a capacidade para manexarse nestas novas canles. Están obrigados a recorrer a terceiras persoas "perdendo así a súa independencia, privacidade e capacidade", sinala a responsable de Banca en CIG.
A necesidade de amortizar a rede de oficinas "non é real", apuntou Conde, que asegura que esta situación repítese noutras entidades que planean fusionarse como Caixabank- Bankia ou BBVA-Sabadell, procesos nos que "non se está tendo en conta" a clientes e empregados.
O único que perseguen estas grandes corporacións como o Banco Santander, reiterou a portavoz sindical de CIG, é "aumentar a súa conta de beneficios á conta de amortizar postos de traballo", algo que cualificou como unha "agresión sen precedentes".
No últimos tres anos, só en Galicia, o Banco Santander pasou de 2.120 empregados a tan só 1.700 e o número de oficinas, que estaba situado en 415, quedará en 150 cos novos peches, segundo os datos achegados por CIG nesta concentración en Pontevedra.
Relacionadas:
-
A cidadanía pontevedresa plántase ante os "abusos" dos bancos
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Caixabank prevé 26 despidos en Pontevedra tras a súa fusión con Bankia
Por Oskar Viéitez |
-
Garantir unha saída galega xusta da crise, reivindicación da CIG ante a Subdelegación
Por Redacción |
-
Vilaboa tentará evitar o peche da oficina do Banco Santander no municipio
Por Redacción |