Detida unha muller que tiña un punto de venda de haxix e marihuana no centro de Pontevedra
Por Redacción
A Policía Nacional detivo unha veciña de Pontevedra de 58 anos que tiña establecido un punto de venda polo miúdo de marihuana e haxix en pleno de centro de Pontevedra.
Segundo a información policial facilitada, a Policía Nacional tiña coñecemento de que algúns mozos acudían á zona de Campolongo para adquirir e consumir substancias estupefacientes e, no marco das investigacións realizadas, os axentes procederon á incautación de varias vendas de pequenas cantidades de haxix e marihuana a outros tantos compradores.
O pasado 17 de novembro axentes do grupo de prevención da delincuencia da Comisaría de Pontevedra estaban a realizar labores de prevención en varios puntos da cidade cando observaron que un mozo subía a un vehículo conducido por unha muller e realizaban un intercambio.
No momento do intercambio, os ocupantes do vehículo decatáronse da presenza policial e o home saíu fuxindo a toda velocidade do lugar perseguido por un dos axentes. Durante a fuxida, o policía viu como lanzaba dous obxectos nun macetero.
O axente logrou identificar o home á fuga e recuperou a bolsa que lanzara ao chan, que contiña unha substancia verde que, a falta de realizar os preceptivos estudos, era marihuana. O mozo identificado recoñeceu que lla comprara instantes antes á muller que conducía o vehículo.
O resto de axentes implicados no operativo identificou á condutora do coche e realizouse un rexistro do interior do vehículo no que atoparon 4 teléfonos móbiles, 223,50 euros fraccionados e 4 bolsas de marihuana duns 7,5 gramos.
A muller xa tiña antecedentes policiais e nesta ocasión foi detida como suposta autora un delito de tráfico de drogas pola venda polo miúdo de marihuana e haxix.
Tres días despois, o 20 de novembro, os mesmos policías efectuaron outra detención nas inmediacións da avenida María Vitoria Moreno. Neste caso trátase dun individuo de 26 anos de idade, veciño de Pontevedra que foi sorprendido polos axentes cando ía en bicicleta e realizaba un intercambio con outro mozo e ao que se lle interveu un envoltorio plástico con anaco de haxix de 1,8 gramos.