O DOG publica as listaxes de contratación temporal de persoal médico, ATS e auxiliar de clínica para residencias
Por Redacción
O DOG (Diario Oficial de Galicia) publica este mércores 25 de novembro a listaxe provisional de preto de 600 profesionais sanitarios que foron admitidos ou excluídos para facer fronte ás necesidades derivadas da covid-19.
Foron 586 solicitudes de incorporación a estas listas, segundo indica a Xunta. 23 nas categorías de titulado superior médico e outras; 63 para ATS e outras; e 500 solicitudes para auxiliar de clínica e outras.
As listaxes provisionais pódense consultar no portal web corporativo da Xunta de Galicia, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía, a través do teléfono 012; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia. Cada solicitante contará cun prazo de dez días hábiles desde este mércores para presentar as reclamacións que considere oportunas.
Estas listaxes son utilizadas por parte da administración autonómica para cubrir vacantes, realizar substitucións doutro persoal e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos en residencias de maiores, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, centros para persoas con dependencia ou escolas infantís.