O Concello de Cerdedo-Cotobade mellora o abastecemento de auga en Cuspedriños
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, inspeccionou o resultado final das obras realizadas para incorporar seis novas captacións á subministración de auga aos veciños da localidade de Cuspedriños, na parroquia de San Xurxo de Sacos.
Acompañado por directivos da comunidade de usuarios de auga do lugar, o rexedor puido comprobar o lugar no que se fixeron as captacións e recibiu as explicacións dos veciños acerca dun proxecto executado pola comunidade co financiamento do Concello.
No lugar de Cuspedriños existían dúas comisións de augas que decidiron fusionarse para constituír unha soa comunidade de usuarios co fin de axuntar esforzos e reducir gastos, algo que o alcalde puxo en valor como un modo de optimizar as forzas e fomentar a colaboración veciñal polo ben común.
Relacionadas:
-
260.000 euros destina a Xunta para garantir a subministración de auga potable no municipio
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade chama a legalizar as traídas de auga do municipio
Por Redacción |
-
Os habitantes de Cerdedo e Cotobade aínda son diferentes se requiren á Garda Civil
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade mellorará a seguridade vial de Loureiro, Limeres e Cuíña con medidas de protección para vehículos e peóns
Por Redacción |