25N | Ponte Caldelas recorda que a loita contra as desigualdades "é cousa de todos"
Por Redacción
Cortar coa violencia de xénero. Ese foi o lema elixido este ano polo Concello de Ponte Caldelas para conmemorar este 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia sobre a Muller.
Con motivo desta xornada, o goberno municipal instalou dúas sinais de STOP á violencia de xénero entre Alameda e a Praza de España e no edificio do propio Concello.
O alcalde, Andrés Díaz, recordou que a loita contra as desigualdades "é cousa de todos" e a sociedade ten que involucrarse para erradicar esta lacra.
Ademais, a Fonte Bailarina, o Chafarís e a pérgola ilumináronse en cor lila para implicar a toda a cidadanía na loita contra as desigualdades entre mulleres e homes.
Relacionadas:
-
O 25N de Ponte Caldelas arranca cunha charla sobre prevención para adolescentes
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas repite andaina reivindicativa o 8M coa subida ata o Miradoiro da Castrelada
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas, Campo Lameiro e Caldas de Reis conciencian contra a violencia de xénero
Por Oskar Viéitez |