O Ponte Xogos do Nadal chegará por primeira vez a barrios e parroquias
Por Alejandro Espiño
O programa Ponte Xogos, que ofrece actividades lúdicas para os máis pequenos da casa durante as datas do Nadal, non se limitará este ano ás zonas máis céntricas da cidade. Por primeira vez estenderase por barrios e parroquias.
A intención, segundo explicou a edil de Promoción económica, Yoya Blanco, é a de evitar aglomeracións e manter as medidas de seguridade que impón a covid-19.
Desta maneira avanzou que haberá actividades de dinamización en diversas zonas do municipio, sempre enfocadas a que este nadal "van ser diferentes".
Esta foi unha das cuestións abordadas na reunión telemática que celebraron este xoves os membros da Mesa Local de Comercio.
Nela, Blanco explicou que o goberno municipal impulsará outras iniciativas para dinamizar o comercio como un concurso de escaparatismo ou reforzar as actividades de formación en colaboración con varias asociacións.
A exposición do programa Namórate de ti instalarase ademais nos escaparates da rúa Oliva e no market-place de Pontevedra, a través de E-ponte.com, haberá descontos polo Black Friday e un concurso do Nadal.
Ademais, o Concello comezou a decorar o mercado de abastos para estas datas de Nadal e asegura que estudará a proposta do PP para celebrar concursos de beléns e panxoliñas, aínda que sostén que habería que comprobar que non producisen aglomeracións.
Relacionadas:
-
Un tren de Nadal e unha canle de televisión con actividades infantís, principais atractivos de Ponte Xogos 2020
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Instalarán unha tirolesa de 150 metros en Raíña Vitoria que só se poderá utilizar se se compra no comercio local
Por Alejandro Espiño |
-
Alumeado en máis de 80 rúas, unha campá, bolas e mantos de luz darán vida ao Nadal de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra xa ten máis cómplices dos Reis Magos que menores sen recursos que necesitan agasallos
Por Redacción |