O Museo convértese en escaparate para 11 creadoras do Máster de Deseño e Moda
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A covid-19 obrigou neste 2020 a reinventar Debut, o evento que cada ano permite amosar á cidadanía os resultados do traballo do alumnado do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda/Esdemga.
A situación sanitaria impediu a celebración do habitual desfile, pero non ese propósito da titulación da Facultade de Belas Artes de proxectarse na cidade.
Con ese obxectivo, este xoves inaugurouse no Museo de Pontevedra "Debut 2020. Edición limitada", unha exposición que reúne unha selección dos traballos realizados por dez alumnas do mestrado, no que, no marco do seu proceso de aprendizaxe, deben enfrontarse no primeiro curso da titulación "á construción de volumes de carácter desafiante soportados nun corpo", como explicou a directora de Esdemga, Lola Dopico, na inauguración da mostra.
As alumnas son Mireia Bruguera, Javier Cuervo, Regina Chamorro, Natalia Diéguez, Catalina Estévez, Sabela Juncal, Noemí Montenegro, Carmen Muñoz, Denise Pena e Nely Plaza.
Ata o 13 de decembro, poderá contemplarse na planta baixa do Sexto Edificio, esta exposición integrada por unha selección de exercicios académicos que o alumnado levou a cabo o pasado curso, convertendo deste xeito, como sinalou o director do Museo, José Manuel Rey, "as características cristaleiras deste edificio nun escaparate".
O vicerreitor do campus, Jorge Soto, e a concelleira de Cultura, Carme Fouces, participaron tamén este xoves na apertura desta exposición, inserida no programa de actividades que Esdemga desenvolve ao longo desta semana.
Relacionadas:
-
Sabela Juncal leva os seus estampados, xogos de volumes e texturas á pasarela Allianz Ego
Por Redacción |
-
Sabela Juncal, moda nacida en Esdemga para a Fashion Week Madrid
Por Redacción |
-
A homenaxe de Noemí Montenegro á súa avoa gaña Debut 2021
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Debut regresa ao formato presencial con máis de 300 estilismos do alumnado de Esdemga
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Dous deseñadores formados en Pontevedra triunfan na Fashion Week Madrid
Por Alejandro Espiño |
-
Sergio Villasante, da Esdemga á Mercedes Benz Fashion Week
Por Redacción |
-
O desfile Debut será virtual e as coleccións do alumnado exporanse no Museo de Pontevedra
Por Redacción |