Baixan os contaxios nos concellos da comarca de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Este xoves 26 de novembro, o concello de Pontevedra logrou reducir en 11 persoas o número de casos activos por covid-19 entre a cidadanía do municipio. Segundo informou a Consellería de Sanidade ao Concello, en total son 334 contaxiados na Boa Vila.
Tamén se reduce timidamente o número de afectados nos municipios veciños á capital do Lérez. Marín foi informado por Sanidade de que o número de contaxiados baixa ata os 82, cinco menos que onte mércores. Poio, pola súa banda, ten 59 casos activos. Son tres menos que onte.
Esta tendencia á baixa tamén se rexistra en Sanxenxo, onde os casos de covid-19 son xa 81, tres menos que no último balance ofrecido o mércores.
Outros concellos que confirmaron os seus niveis de contaxio é Vilanova de Arousa que mantén a incidencia con 32 casos e Vilagarcía en 63.
No resto da área sanitaria, Sanidade só proporciona datos dos casos diagnosticados no últimos catorce días.
Mediante este indicador comprobamos que O Grove sumou 47 contaxiados aos seus casos activos nas últimas dúas semanas, Caldas de Reis rexistrou 28, Meis 25, Ribadumia 26 e A Lama 19, Meaño con 27, Bueu con 16, Cuntis 12, Cerdedo-Cotobade con 13 e A Illa de Arousa con 9 son os seguintes.
Durante este período, en Ponte Caldelas, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas os novos contagios non superaron os nove.