A área sanitaria ten 1.200 casos activos por covid-19 tras 51 novos contaxios e 66 recuperaciones
Por Alejandro Espiño
Os casos activos por covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sitúanse nos 1.200. Son catorce menos que onte, segundo recolle o balance diario do Servizo Galego de Saúde. Nas últimas 24 horas, rexistráronse 51 novos contaxios.
Os hospitalizados aumentan lixeiramente. Hai 62 pacientes ingresados nos tres centros de referencia para a covid nesta área sanitaria, dous máis que este xoves.
A maior parte deles, un total de 46, están ingresados en planta do Hospital Montecelo. Cinco están no Hospital do Salnés e catro no hospital QuirónSalud Miguel Domínguez.
Outras sete persoas, que son as que están máis graves, atópanse ingresadas na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, outras 1.138 persoas, atópanse illados nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.
Desde o inicio da pandemia 4.044 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 66 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 51 falecementos asociados ao virus. O último, un home de 70 anos que faleceu en Montecelo.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 87.947, 724 nas últimas horas. A estas probas súmanse as 42.943 seroloxías realizadas ata a data.
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.452, 127 menos que o día anterior. Deles 1.724 son da área da Coruña, 1.060 da de Lugo, 533 da de Ourense, 1.200 da de Pontevedra, 2.268 da área de Vigo, 930 da de Santiago e 737 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 93 están en UCI, 404 en unidades de hospitalización e 7.955 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 41.616 persoas curadas, rexistrándose 1.179 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 880.674 probas PCR e 420.780 probas serológicas que, nas últimas 24 horas, permitiron detectar a 426 infectados.
Relacionadas:
-
Unha muller de 72 anos ingresada en Pontevedra, vítima 52 da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra non evoluciona "adecuadamente", advirten desde Sanidade
Por Alejandro Espiño |
-
Falece un home de 70 anos ingresado no CHOP, a vítima 51 da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Baixan os contaxios nos concellos da comarca de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
58 novos casos positivos na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés
Por Redacción |