Sanidade pecha perimetralmente os concellos de Meis, Ribadumia e Meaño
Por Alejandro Espiño
Tres novos concellos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés súmanse ás medidas de restrición pola covid-19. Trátase de Ribadumia, Meis e Meaño. Así o anunciou este venres o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras a reunión do comité clínico.
Os tres serán pechados perimetralmente de maneira conxunta, creando así a terceira agrupación de municipios do Salnés en máxima alerta pola incidencia da pandemia.
É dicir, os habitantes de Ribadumia, Meis e Meaño poderán moverse por todo o seu territorio pero non poderán saír deles salvo causas xustificadas. O mesmo ocorrerá coas entradas desde fóra. Ademais, terán que pechar os establecementos de hostalería.
"Temos que pedir un esforzo adicional a estes concellos", sinalou García Comesaña. Esta decisión adoptouse tamén para tres municipios da comarca de Fisterra: Cee, Dumbría e Muxía.
A agrupación de Ribadumia, Meis e Meaño súmase ás outras dúas que hai no Salnés: Sanxenxo e O Grove por unha banda e Cambados, Vilagarcía e Vilanova pola outra.
Sanidade decidiu ademais non relaxar as restricións en ningún concello da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, como si fixo en seis localidades galegas. Ningunha delas pertence á provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Sanxenxo alcanza os 17.731 habitantes, a cifra máis alta na historia do municipio
Por Redacción |
-
Pontevedra non evoluciona "adecuadamente", advirten desde Sanidade
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade suaviza as restricións en Campo Lameiro e pon A Lama en "observación específica"
Por Natalia Puga |
-
Feijóo descarta o confinamento domiciliario xeneralizado: "Non temos dentro do noso radar a posibilidade"
Por Natalia Puga |
-
O conselleiro de Sanidade recoñece que existe preocupación pola incidencia do virus no Salnés
Por Anxo Lourido |