O futuro edificio do mercado de abastos de Sanxenxo será translúcido, sostible e funcional
Por Redacción
O proxecto gañador do concurso de ideas para reformar o edificio do mercado de abastos por Sanxenxo foi elaborado polo arquitecto Toni Bosch Miquel, do estudo de arquitectura Gemma de Lleida. A proposta ofrece un deseño translúcido e sostible, cun modelo enerxético bioclimático e funcional que contará con amplos espazos diáfanos adaptables a distintos usos.
"Va suponer un antes e un después para a actividade comercial e hosteleira do seu entorno", aseguran desde o Concello. O alcalde Telmo Martín ve neste proxecto "moito máis que un mercado, é un espazo comercial, gastronómico, cultural e unha actuación urbanística que revalorizará o comercio e a hostelería da zona. Agora toca o máis difícil, buscar financiación".
O proxecto propón solucións que abarcan máis que o propio edificio. Como a praza entre as rúas Madrid e Constitución, o acougado do tráfico e a preferncia peonil ou a construción un aparcamento subterráneo.
O modelo enerxético do futuro mercado será bioclimático, moi eficiente e exemplar, debido a que vai moito máis alá da normativa actual. Cada planta ten o seu sistema de climatización independente, con galerías de captación de aire quente ou frio segundo a estación do ano. No verán un sistema automatizado permitirá a apertura das lamas de cristal e o movemento dos estores de cada planta.
Os 6.243 m2 que terá o novo edificio distribúense en 2 plantas subterráneas de aparcamento e 6 plantas por encima destas.
Relacionadas:
-
Luz verde ao convenio entre a Xunta e o Concello de Sanxenxo para soterrar o tráfico na rúa Madrid
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ultiman os traballos para desmontar o vello mercado de Sanxenxo antes de derrubalo
Por Redacción |
-
Conta atrás para o novo mercado de abastos de Sanxenxo coas primeiras catas de terreo
Por Redacción |
-
Sanxenxo busca financiamento para facer realidade o proxecto de reforma do mercado de abastos
Por Redacción |
-
Os luns ao Sol, lema do proxecto gañador do concurso de ideas para o mercado de abastos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O concurso para deseñar o novo mercado de abastos de Sanxenxo ten 17 finalistas
Por Redacción |