Máis de 400 persoas participan na xincana da mobilidade amábel
Por Redacción
Máis de 400 persoas participaron este sábado na xincana organizada polo Concello de Pontevedra para dar a coñecer a nova ordenanza de mobilidade amable promovida polo goberno local.
A meta da iniciativa era dar a coñecer entre a cidadanía como desprazarse pola cidade. O obxectivo era completar algún dos tres itinerarios marcados, o peonil, o ciclista ou de calquera outro vehículo de mobilidade persoal; e o mixto. Tres roteiros por distintos puntos da cidade que confluían todos na meta da praza da Ferraría.
Ao longo da xincana, cada participante tivo que selar a súa tarxeta a medida que completaban o percorrido para obter os premios e agasallos que recibiron todos os participantes.
Relacionadas:
-
O alumnado do Sánchez sóbese á bici para descubrir como hai que moverse pola cidade
Por Manu Otero |
-
A Policía Local terá "especial coidado" para que bicicletas e patinetes non circulen por beirarrúas
Por Alejandro Espiño |
-
Unha xincana polo centro da cidade para dar a coñecer a nova ordenanza de mobilidade
Por Redacción |