A pandemia deixa xa 53 mortos na área sanitaria tras falecer un home de 79 anos no Hospital Domínguez
Por Natalia Puga
53 son xa as vítimas morais que deixa a pandemia da covid-19 na área sanitaria de Ponteveda e O Salnés en pouco máis de oito meses. O número acadouse este sábado tras confirmarse un novo falecemento, neste caso, no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
Segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade, este sábado rexistráronse en Galicia dúas mortes de persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha na provincia de Pontevedra e outra na de Lugo.
No caso de Pontevedra, o falecido foi un home de 79 anos que estaba ingresado no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra e que tiña patoloxías previas a esta enfermidade. No caso de Lugo, unha muller de 92 anos no Hospital da Mariña tamén con esas patoloxías anteriores á covid-19.
Esta vítima mortal chega tan só 24 horas despois da última na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, a dunha muller de 72 anos que estaba ingresada no Hospital Montecelo.
Este sábado, antes de coñecerse esta vítima mortal, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés tiña 1.167 casos activos de covid-19 e 56 pacientes ingresados Deles, seis estaban na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo e 50 ingresados en planta de hospitalización. Había 41 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 4 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez Pontevedra e 5 no Hospital do Salnés.
Relacionadas:
-
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés alcanza xa as 60 vítimas mortais por covid-19 nunha semana negra
Por Redacción |
-
A área sanitaria suma 57 novos positivos de covid-19 e mantén 57 pacientes nos hospitais
Por Natalia Puga |
-
Baixan os pacientes hospitalizados e os casos activos na área sanitaria, pero os novos contaxios non frean: 55 nun día
Por Natalia Puga |
-
Unha muller de 72 anos ingresada en Pontevedra, vítima 52 da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga |