Dezaoito denuncias durante os últimos tres días por xuntarse en Pontevedra sen seren conviventes
Por Alejandro Espiño
A Policía Local de Pontevedra presentou ata 18 denuncias a persoas que, ao longo da pasada fin de semana, reuníronse sen ser conviventes.
A portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, explicou que estas denuncias procedentes de tres intervencións concretas realizadas por este corpo policial.
Na primeira delas, o sábado ás 21:15 horas, os axentes descubriron a catro menores bebendo alcol na rúa Juan Bautista Andrade. Ademais da multa por beber na vía pública, algo que non está permitido, foron denunciados por non ser conviventes.
Os outros dous operativos rexistráronse na praza José Martí. En total, dez persoas foron denunciadas por xuntarse socialmente sen causa xustificada. Cinco foron sorprendidas na tarde do sábado e as outras cinco na tarde do domingo.
Ademais, a Policía Local denunciou a catro persoas que saltaron o peche perimetral decretado polas autoridades, chegando ata a Praza da Peregrina; e a outras seis persoas por non levar a máscara obrigatoria.
A estas sancións súmanse as tramitadas por outros corpos como a Policía Autonómica que, ao longo dos últimos días, actuaron en once municipios da provincia, entre eles Pontevedra, Marín e Poio.
En case medio centenar de controis, foron identificadas 192 persoas e tramitáronse 20 denuncias segundo informa a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Entre outras cuestións, os axentes comprobaron que nos establecementos abertos cumpríanse as restricións aprobadas pola covid-19, entre elas o horario de peche e os aforos, que se usaba a máscara ou que se respectaban as distancias de seguridade.
Relacionadas:
-
"O virus non entende de festividades nin de celebracións e as cifras de contaxio na provincia continúan a ser preocupantes"
Por Redacción |
-
Anulan unha multa a un mozo que estaba a fumar na rúa cun amigo durante o estado de alarma
Por Natalia Puga |
-
Dous bares de Pontevedra denunciados por incumprir o peche da hostalería
Por Redacción |
-
Denuncian un bar de Combarro que vendía alcol para consumir na rúa e 16 clientes que se xuntaron para beber
Por Natalia Puga |