A Xunta planea unha desescalada por fases para a hostalería que empezaría con aforos reducidos e apertura ata as 17 horas
Por Manu Otero
Membros do goberno da Xunta reuníronse este luns con representantes do sector hostaleiro galego para informar do plan de desescalada que contempla o executivo autonómico para que restaurantes e bares vaian regresando paulatinamente á normalidade. Na reunión estiveron presentes o vicepresidente Alfonso Rueda, en conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana; así como membros da Agrupación industrial de Turismo de Galicia e de diversas asociaciónes de hostaleiros.
En función da situación sanitaria, a Xunta expón diversos escenarios. O inmediantamente posterior ao peche total que se vive actualmente será a apertura ao 30 % no interior e ao 50 % no exterior cun horario máximo ata as 17 horas. A seguinte fase manterá o aforo e empliará o horario ata as 23 horas con agrupacións máximas de seis persoas.
O seguinte paso, sempre que a situación non empeore, será incrementar os aforos ao 50 % en interior e 75 % en terraza con peche ás 23 horas. Logo, eliminaranse as restricións de aforo e na última etapa, as de horario.
Este plan será abordado este martes na reunión do comité clínico da que deberán saír os criterios hospitalarios e epidemiolóxicos que fixen cando se pode pasar de fase en función das circunstancias de cada concello. "A intención dá Xunta é facer unha desescalada da hostalería gradual e por niveis. O paso dun nivel a outro virá determinado por criterios obxectivos sanitarios", declarou o vicepresidente Rueda.
Pola súa banda, Lorenzana lembrou que as axudas aprobadas pola Xunta para empresas do sector hostaleiro afectadas polas restricións da pandemia xa poden ser solicitadas. Ademais, lembran desde a Xunta que todas estas subvencións son complementarias e acumulables, polo que as axudas poden chegar ata os 9.200 euros.
A PAC DE PONTEVEDRA, EN CONTRA
A plataforma de afectados pola covid-19 (PAC) de Pontevedra posicionouse en contra da formulación da Xunta. Por iso decidiron non acudir como agrupación á manifestación que tivo lugar este luns na capital pontevedresa, na que se participaron numerosos integrantes da mesma a título individual. "Non compartimos esas medidas, que consideramos unha falta de responsabilidade cara á seguridade cidadá. Consideramos a importancia de establecer un plan de desescalada para ir abrindo os locais de hostalería, pero un plan responsable e co consenso da maioría do tecido hostaleiro de Pontevedra", rematan nun comunicado.
Relacionadas:
-
Os hostaleiros marchan de novo polas rúas de Pontevedra contra as medidas da desescalada
Por Manu Otero |
-
A sede de terraza dos pontevedreses pode máis que o frío ou a choiva
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
As restricións horarias e de aforo fan inviable a reapertura da hostalería en Pontevedra
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Acordo para Noiteboa e Noitevella: ceas para dez (nenos incluídos) e toque de queda ampliado
Por Alejandro Espiño |
-
Berro desconsolado de auxilio da hostalería en Pontevedra: "Estamos mortos"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
APE Galicia e Hoempo suman esforzos para apoiar á hostalería e xa prevén moitos peches
Por Redacción |
-
Feijóo ten a "esperanza" de poder abrir a hostalería pero advierte de que "no podemos asegurarlo en ningún caso"
Por Oskar Viéitez |