Pecha a escola infantil Chiquis de Pontevedra por dous casos positivos de covid
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Sanidade informou este martes do peche da escola infantil Chiquis de Pontevedra tras detectar dous casos positivos por coronavirus.
Os datos oficiais notifican que son 147 os contaxios nas escolas infantís e os centros educativos non universitarios da área de Pontevedra-O Salnés. Esta cifra supón un incremento de 12 casos con respecto á semana pasada.
Tamén se incrementou ata os 76 o número de centros con casos coa incorporación do CPR Virxe Milagrosa de Bueu, o CEIP de Seixo de Marín, o CEIP Rosalía de Castro do Grove, o CRA de Ribadumia, o CPI do Toural de Vilaboa, o IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía e o CEIP de Cabanas, o CIFP Carlos Oroza, o CPR Nosa Señora das Dores e a xa citada escola infantil Chiquis, de Pontevedra.
Saen desta listaxe ao non ter casos o CFEA de Lourizán en Pontevedra, o CEIP de Conmeniño do Grove e o IES Ramón Cabanillas e o CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cambados.
O número de aulas pechadas na área tamén aumentou ata as dez tras a clausura de dúas unidades no CEIP Nantes de Sanxenxo.
En total en toda Galicia mantéñense pechadas un total de catro escolas infantís xunto a unhas 51 aulas. A Consellería sinala que un descenso na incidencia cun total de 1.011 positivos no sistema educativo galego.