Liberan un neno que quedou atrapado entre as pólas dunha árbore en Campolongo
Por Redacción
O parque de Campolongo viviu este martes unha situación peculiar, cun rescate por parte dos efectivos de emerxencia dun neno que se quedou atrapado entre as ramas dunha árbore.
A situación creo un notable balbordo no parque, habitualmente concorrido en horario de tarde, e tamén momentos de tensión.
Ata o lugar desprazouse un amplo dispositivo dos servizos de emerxencia, con persoal da Policía Local, o 061 e os Bombeiros de Pontevedra.
Finalmente estes últimos conseguiron liberar ao menor sen que se producisen grandes consecuencias, o que provocou un aplauso dos presentes celebrando que todo houbese rematado nun gran susto.
O suceso tivo lugar pouco antes das 19.00 horas da tarde.