Nova vítima mortal como consecuencia da covid-19 no Hospital do Salnés
Por Redacción
Un home de 93 anos perdía a vida durante as últimas horas no Hospital do Salnés debido á enfermidade da covid-19, segundo a información facilitada polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS). O home falecido contaba cun historial clínico no que figuraban enfermidades previas.
Con esta nova vítima, a área sanitaria de Pontevedra - O Salnés suma xa 56 falecementos debido ao coronavirus desde o inicio da pandemia. Continúan 6 pacientes covid ingresados na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Con esta morte foron dez as persoas que falecían durante as últimas horas en Galicia diagnosticadas por coronavirus. Unha muller de 80 anos perdía a vida no Complexo Hospitalario de Ferrol; un home de 97 anos e unha muller de 67 no Complexo Hospitalario de Ourense; un home de 84, no Hospital HM-Modelo Belén da Coruña; no Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC) falecían unha muller de 88 e un home de 68 anos, mentres que Hospital Universitario Lucus Augusti ( HULA) morrían unha muller de 82, procedente da Residencia San Salvador de Guntín e unha muller de 74, procedente da Residencia de Vilalba.
A estas vítimas de idades avanzadas súmase a dun home de 28 anos que perdía a vida no Complexo Hospitalario de Vigo, procedente da Residencia de discapacidade Doral.
Segundo a Consellería de Sanidade, todas as persoas contaban con patoloxías previas. Estas perdas elevan o número de vítimas en Galicia por esta enfermidade á cifra de 1.221 persoas.
Relacionadas:
-
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés alcanza xa as 60 vítimas mortais por covid-19 nunha semana negra
Por Redacción |
-
Unha muller de 80 años falecida en Montecelo, vítima número 57 da pandemia na área sanitaria
Por Redacción |
-
Galicia pecha as súas fronteiras ata o 9 de decembro
Por Alejandro Espiño |
-
Mozos e mozas de 15 a 24 anos, franxa de maior incidencia da covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A área sanitaria mantén 58 pacientes hospitalizados, oito deles na UCI, e suma 42 novos contaxios nun día
Por Natalia Puga |
-
O número de casos de covid de Pontevedra impiden saír das restricións máis duras
Por Oskar Viéitez |
-
A área sanitaria volve superar os 50 novos positivos diarios de covid-19 a pesar de realizar só 558 PCR
Por Natalia Puga |
-
Na procura de asintomáticos en institutos de Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo, Cambados e O Grove
Por Natalia Puga |