Casimiro Fernández Núñez novo párroco de San Xosé de Campolongo
Por Oskar Viéitez
O sacerdote Casimiro Fernández Núñez asumirá nos próximos días as funcións de párroco de San José de Campolongo, segundo confirmaron fontes da Archidiócesis de Santiago de Compostela.
Casimiro Fernández era ata agora o cura párroco de San Julián de Mugardos e San Vicente de Mehá. Natural de Betanzos, é licenciado en Dereito Canónico e confésase un grande afeccionado á literatura. Foi ordenado sacerdote en 1987.
Como curiosidade a súa igrexa parroquial de San Xulián, en Mugardos, é o primeiro templo do mundo en ter unha imaxe do Papa Juan Pablo II. Sen esperar pola canonización do pontífice polaco, en marzo de 2011, o párroco encargou para a súa veneración polo fieis un altorrelieve en bronce, de gran formato, obra do escultor bilbaíno Agustín de la Herrán. Casimiro Fernández explicou que a escultura se custeou coas doazóns dos fieis.
A imaxe presentouse o 8 de maio dese ano, exactamente sete días despois de que Wojtyla sexa beatificado na praza de San Pedro.