O sindicato UFP critica que o Goberno non dote dunha Unidade de Prevención e Reacción á Comisaría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A Unión Federal de Policía e o Partido Popular reclaman a creación dunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) con base en Pontevedra e cobertura nas comisarías locais de Marín e Vilagarcía de Arousa, co fin de paliar os distintos servizos que xorden nas distintas dependencias policiais da provincia, como os espectáculos públicos ou a prevención da delincuencia.
Este martes votáronse no Congreso dos Deputados as emendas aos Orzamentos Xerais entre a que se atopaba unha do Partido Popular que foi rexeitada e na que se instaba á creación da UPR para a cidade de Pontevedra.
O sindicato UFP criticou este "inesperado e duro golpe para os cidadáns desta cidade" por parte do o Goberno de Partido Socialista e Unidas Podemos.
Explican que é "un golpe non esperado" debido ás "mostras de apoio do PSOE para a creación desta unidade cando se atopaba na oposición, votando a favor mesmo nos plenos municipais que instaban á solicitude da mesma".
Desde a Unión Federal de Policía denuncian o "ninguneo da administración e en concreto da Dirección Xeral da Policía", por negar esta Unidade de Prevención e Reacción para a capital.
O secretario provincial desta organización sindical, Carlos Rodríguez Losada, asegura que este "inesperado mazazo do Goberno que volve discriminar á cidade de Pontevedra en materia de seguridade", e afirma que seguirán pelexando polo que consideran que é "necesario para a cidade e para o seu policía".