Un home de 54 anos, detido dúas veces en apenas dúas semanas por vender droga en Marín
Por Redacción
Nove papelinas de cocaína e 116 euros en efectivo, entre pequenos billetes e moedas, era o que portaba un home de 54 anos que foi detido pola Policía Nacional acusado de vender droga polo miúdo en Marín.
Este home, segundo informa este corpo policial, xa fora detido o pasado 15 de novembro en similares circunstancias, ao tratar de desfacerse das substancias que portaba cando ía ser identificado polos axentes policiais.
O detido, que se lle investiga por un delito contra a saúde pública, foi interceptado no marco dun dispositivo establecido para a prevención do tráfico comerciante polo miúdo de substancias estupefacientes.
A droga que levaba encima, explica a Policía Nacional, estaba disposta para a súa venda.