O prendido do alumeado de Nadal en Poio poderá seguirse online
Por Redacción
Durante a tarde deste venres 4 de decembro acenderanse as luces do Nadal para estas festas no Concello de Poio. Para evitar a presenza de público e respectar as medidas de protección sanitarias, o goberno local adoptou a decisión de trasladar á cidadanía o ánimo festivo a través dunha nova fórmula: o formato dixital.
A concelleira de Cultura Raquel Rodríguez sinalaba que é máis necesario que nunca axudar a manter o espírito destas festas, pensando sobre todo no público infantil e tratando de axudar a dinamizar a actividade nos sectores máis castigados.
Desta maneira, o aceso das luces poderase seguir a través dun vídeo que se colgará nos perfís oficiais das redes sociais do Concello de Poio e tamén na canle oficial de Youtube. Ademais deste acto, o alcalde Luciano Sobral emitirá unha mensaxe dirixida ás persoas residentes en Poio.
Por outra banda, a concelleira de Cultura anunciou este mércores que nos próximos días darase a coñecer con detalle a programación de Nadal, que contará con actividades e espectáculos, ademais de iniciativas para fortalecer ao tecido comercial do municipio.
O espectáculo que inaugurará esta programación chegará o sábado 12 de decembro, ás 18.00 horas, no Centro Cultural Xaime Illa. É unha montaxe gratuíta para público infantil, que levará a cabo Nelson Quinteiro Producións e que leva por título 'Os Apalpadoriños: un Nadal para cantar, bailar e brincar'. Para acudir será necesario apuntarse previamente enviando un correo electrónico á dirección poiocultura@concellopoio.gal
Relacionadas:
-
O Nadal xa ten luz en todo Poio
Por Alejandro Espiño |
-
A campaña solidaria 'Un xoguete, un sorriso' levará agasallos a un cento de nenos de Poio
Por Redacción |
-
A Deputación levará o teatro ás casas coa retransmisión de oito funcións
Por Oskar Viéitez |
-
Así é o novo mapa virtual de Poio Confía
Por Redacción |
-
'Quen é quen?', unha cadea de descontos para premiar a fidelidade ao comercio local en Poio
Por Redacción |
-
A campaña solidaria de recollida de xoguetes volve poñerse en marcha en Poio
Por Redacción |