Segue a baixada de casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés comunica este xoves 3 de decembro un total de 1.106 casos activos de enfermos de coronavirus. Son 16 menos que onte martes.
Mantéñense 42 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización. Concretamente son 35 persoas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 5 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 2 no Hospital do Salnés.
Ademais hai 10 pacientes covid na unidade de coidados críticos do Hospital Montecelo.
No cómputo total de casos na área sanitaria permanecen 1.054 casos evolucionando nos seus domicilios.
Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 curáronse 4.440 pacientes. A cifra creceu en 57 persoas máis que no día de onte.
Faleceron por este virus na área sanitaria 57 pacientes, a última, este martes no Hospital Montecelo, unha muller de 80 anos que presentaba patoloxías previas.
En canto a realización de PCR, nas últimas 24 horas tomáronse 1.124 mostras, que se engaden ás 92.575 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.419 deles 1.525 son da área da Coruña, 885 da de Lugo, 450 da de Ourense, 1.106 da de Pontevedra, 1.977 da área de Vigo, 825 da de Santiago, e 651 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 65 están en UCI, 349 en unidades de hospitalización e 7.005 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 44.563 persoas curadas, rexistrándose 1.228 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 917.308.
Nas residencias de maiores o número de casos activos en toda Galicia é de 392 usuarios e 176 traballadores.
Relacionadas:
-
Continúan descendendo os casos activos de Covid na área sanitaria tras unha xornada con 39 novos contaxios
Por Diego Espiño |
-
A cifra de novos positivos sitúase en 26 na área sanitaria e continúan 9 pacientes covid na UCI de Montecelo
Por Redacción |
-
Unha muller de 71 anos e un home de 80 falecen en Montecelo por coronavirus
Por Redacción |