Vilaboa reasfalta varias pistas nos lugares de Postemirón e Outeiro
Por Redacción
O Concello de Vilaboa afronta o derradeiro mes do ano coa adxudicación de dúas obras que melloran os servicios básicos de varias parroquias do municipio. En total, neste mes de decembro investiranse máis de 68.000 euros en adecuación de viais e alumeado.
Nestes días o Concello acomete xa o reasfaltado de varias pistas nos lugares de Postemirón e Outeiro, en Vilaboa así como unha actuación de mellora da rede viaria no barrio de Bergunde (Figueirido) cun orzamento de 48.000 euros. Trátase de obras que garanten un acceso axeitado a varias vivendas que ata agora servíanse a través de viais con certo deterioro. No caso de Bergunde a actuación avanza no trazado de accesos rodados ás viviendas construidas.
Outra das obras importantes que está a levar adiante o Concello de Vilaboa neste mes de decembro ten que ver co alumeado público no lugar de Deilán, en Santa Cristina de Cobras, e o drenaxe e recollida de augas pluviais no lugar da Cardiña.
A actuación dispón dun orzamento de 20.690 euros e ten un doble obxectivo. Por un lado, reducir o consumo enerxético e por outro garantir un mellor aproveitamento e recollida das augas da chuvia.