Gonzalo Caballero critica a "falla de proxecto para a recuperación" nos orzamentos da Xunta
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este xoves Pontevedra para avaliar xunto ao secretario provincial do PSOE de Pontevedra, David Regades, os orzamentos da Xunta para o ano 2021 que, ao seu xuízo, amosa unha "falla de proxecto para a recuperación" por parte do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo.
Caballero lamentou que as contas presentadas polo Executivo galego "carecen de impulso e liñas de orientación mestra" e destacou a caída "de peso relativo no conxunto dos gastos" de áreas como Sanidade ou Educación, ademais doutras partidas, "o que non pode ser de recibo", tendo en conta que "reciben máis de 1.100 millóns de euros extra do Estado".
O líder dos socialistas galegos sinalou a diminución na partida de Xuventude, así como os fondos dedicados aos concellos.
"Pedímoslle a Feijóo que busque proxecto e lle dea rumbo a unhas contas que teñen unha compoñente expansiva grazas ás medidas do goberno de España, pero que carecen de acción estratéxica para o futuro do país" por parte da Xunta de Galicia, aseverou.
Pola súa banda, o secretario xeral do PSOE pola provincia de Pontevedra, David Regades, criticou que "Pontevedra volve a ser a gran prexudicada", sendo a provincia "máis castigada e a que menos recibe por habitante, escasamente 125 euros por persoa".
Regades advertiu do "déficit de Feijóo pola falta de crenza en Galicia e en Pontevedra".
CRÍTICAS A PP E BNG
No día no que se aprobaron os Orzamentos Xerais do Estado no Congreso, Gonzalo Caballero criticou a posición de PP e BNG, xa que "poñerse en contra" destas contas "é poñerse en contra da suba das pensións, do incremento dos salarios dos empregados públicos ou da rebaixa histórica das peaxes da AP-9".
Lamentou a falla de "corresponsabilidade" do BNG ao non votar "coas forzas progresistas" e converterse "nun elemento que fai o caldo gordo a PP e VOX".
Relacionadas:
-
Caballero e Varela analizan a situación sanitaria en Galicia e esixen máis colaboración cos concellos á Xunta
Por Redacción |
-
O PSdeG emendará o "desfile das promesas incumpridas" dos Orzamentos da Xunta na comarca
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva di que os orzamentos da Xunta son "unha labazada na cara dos concellos"
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG ve "profundamente decepcionantes" os orzamentos da Xunta para 2021
Por Alejandro Espiño |
-
O PP fala de orzamento "histórico" mentras que o PSOE reclama "máis compromiso" con Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |