Descarrila un tren con 53 pasaxeiros, todos eles ilesos, á entrada de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Un tren que cubría o traxecto entre Santiago e Vigo descarrilou esta noite ao seu paso polo lugar de Reiriz, na parroquia pontevedresa de Alba.
O suceso produciuse pouco despois das dez e media de noite, segundo confirmou o 112 Galicia.
No convoi viaxaban 53 persoas no momento do descarrilamento, pero ningunha delas resultou ferida no accidente, apuntan as primeiras informacións.
Nestes momentos, segundo confirma ADIF, a circulación ferroviaria está completamente interrompida. Ao lugar do accidente trasladáronse varios servizos de emerxencias, entre elos a Policía Local de Pontevedra.
Os pasaxeiros xa foron evacuados e trasladados á estación de tren de Pontevedra.