Defensa prevé construír unha escola infantil en Pontevedra
Por Redacción
O Ministerio de Defensa prevé construír oito novas escolas infantís en toda España para a conciliación familiar dos militares. Unha destes centros estará en Pontevedra.
Así figura entre os plans do departamento que dirixe Margarita Robles, segundo confirmou Defensa. As outras sete novas garderías estarán en León, Burgos, Valencia, Alacante, Palma de Mallorca, Tenerife e Forteventura.
Será o seguinte paso no compromiso de Defensa de ampliar a súa actual rede de garderías, que pasará a 29 nos próximos meses coa incorporación das que se están construíndo en Colmenar Viejo (Madrid), Zaragoza, Huesca e Ceuta.
A través destas escolas infantís as forzas armadas contarán con 1.300 prazas en toda España para os fillos e fillas dos militares.
O Exército do Aire é o que conta actualmente con máis centros de educación infantil, en concreto 9, seguido do de Terra (8) e a Armada (6). O propio Ministerio de Defensa e a Garda Real contan cun centro infantil cada un para o seu persoal.