Os alumnos do colexio de Vilaboa recadan 625 euros e alimentos para as familias máis desfavorecidas
Por Redacción
A campaña solidaria organiza pola comunidade escolar do CRA de Vilaboa, con especial colaboración dos alumnos e o Anpa, recadou 625 euros e un lote de alimentos que xa foron entregados ao Concello e que se destinarán a vales de compra en supermercados a repartir entre as familias máis desfavorecidas.
A recadación foi entregada este venres pola directora do centro, María Concepción Pérez Núñez, ao alcalde, César Poza, e á concelleira de Servizos Sociais, María Canosa Otero.
O rexedor agradeceu a implicación dos escolares de todo o municipio, así como das empresas da contorna, que tamén puxeron o seu gran de area neste iniciativa solidaria.