A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés alcanza xa as 60 vítimas mortais por covid-19 nunha semana negra
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés alcanzou a cifra de 60 persoas falecidas por covid-19 desde que se iniciaba a pandemia. Nas últimas horas perdía a vida un veciño de Marcón, de 95 anos de idade, no Hospital Montecelo, onde permanecía ingresado cun cadro clínico no que se presentaban patoloxías previas, segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade.
Este falecemento completa un período de sete días no que se rexistraron oito falecementos nesta área sanitaria. O último sábado de novembro morría un home no Hospital QuirónSalud Domínguez; o domingo 29 deixaba dous novos falecidos por covid-19 na área sanitaria, un deles procedente da residencia de Vilaboa; o martes producíase unha nova perda no Hospital do Salnés e o mércores unha muller de 80 anos falecía en Montecelo. Xa o venres producíanse dúas mortes máis, dunha muller de 71 e un home de 80 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP). Co último falecemento péchase unha semana que ofrece un duro balance negativo.
En todo caso, a tendencia no número de casos activos descende paulatinamente. E este sábado o número de casos covid no municipio de Pontevedra era de 271, 25 menos que na xornada do venres.
Galicia rexistraba catro falecementos nas últimas horas, entre os que se inclúe o veciño de Pontevedra. Unha vítima por coronavirus rexistrábase no Complexo Hospitalario de Ourense, un home de 77 anos. Mentres que un home de 86 e unha muller de 101 anos falecían na Residencia de Vilalba. En todos os casos, os cadros clínicos presentaban historial de enfermidades previas.
A comunidade alcanza con estas catro mortes a cifra de 1.250 falecidos por esta enfermidade desde que se comezaron a cuantificar o número de casos con motivo da pandemia. 218 perdían a vida en residencias e 308 en hospitais e residencias integradas, segundo os datos da Consellería de Sanidade. O número de casos activos é de 6.948 pacientes.
Relacionadas:
-
Falecen por covid-19 na área sanitaria un home procedente da Residencia Soremay e unha muller da Residencia de Vilaboa
Por Redacción |
-
Soben as hospitalizacións por Covid na área sanitaria a pesar de manterse o descenso de casos activos
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria baixa do milleiro de casos activos de Covid por primeira vez desde o 30 de outubro
Por Diego Espiño |
-
Lixeiro aumento de casos de covid-19 na cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
A cifra de novos positivos sitúase en 26 na área sanitaria e continúan 9 pacientes covid na UCI de Montecelo
Por Redacción |
-
Unha muller de 71 anos e un home de 80 falecen en Montecelo por coronavirus
Por Redacción |
-
Unha muller de 80 años falecida en Montecelo, vítima número 57 da pandemia na área sanitaria
Por Redacción |
-
Nova vítima mortal como consecuencia da covid-19 no Hospital do Salnés
Por Redacción |
-
Dous novos falecidos por covid-19 na área sanitaria, un procedente da residencia de Vilaboa
Por Natalia Puga |
-
A pandemia deixa xa 53 mortos na área sanitaria tras falecer un home de 79 anos no Hospital Domínguez
Por Natalia Puga |