Lixeiro aumento de casos de covid-19 na cidade de Pontevedra
Por Redacción
A Consellería de Sanidade actualizou esta tarde de venres os datos de incidencia da pandemia da covid-19 por municipios e en Pontevedra rexistrouse un lixeiro incremento de casos que rompe a tendencia á baixa xornadas anteriores. Na cidade hai actualmente 296 casos activos, tres máis que no día anterior e un total de 1.541 contactos en seguimento.
Máis positivas son as cifras dos concellos da contorna. En Sanxenxo o número de casos reduciuse en 15, existen agora 75 casos activos. En Marín descendeu desde os 68 aos 63, mentres que en Poio reduciron o volume de casos en dous para situar a conta en 62 positivos.
Na conxunto da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistráronse 26 novos casos positivos, o que sitúa o número total de casos activos en 1.065, que tendo en cuenta as altas tramitadas, supoñen 41 casos menos que o día anterior.
Segundo os datos da Consellería de Sanidade nos hospitais de Pontevedra e O Salnés mantéñense 50 persoas ingresadas. 41 pacientes covid están en planta de hospitalización: 34 no Hospital Montecelo, 5 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 2 no Hospital do Salnés. A esta cifra hai que sumar os nove pacientes que se manteñen na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, un menos que na xornada do xoves. Ademais, 1.015 pacientes con covid atópanse nas súas casas evolucionando coa enfermidade.
Relacionadas:
-
Continúa a baixada paulatina de novos positivos e casos activos na maioría de municipios da área sanitaria
Por Redacción |
-
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés alcanza xa as 60 vítimas mortais por covid-19 nunha semana negra
Por Redacción |
-
Aumentan os contaxiados por covid do centro Soremay de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A cifra de novos positivos sitúase en 26 na área sanitaria e continúan 9 pacientes covid na UCI de Montecelo
Por Redacción |
-
Unha muller de 71 anos e un home de 80 falecen en Montecelo por coronavirus
Por Redacción |