Ponte Caldelas presume da "mellor iluminación de Nadal" dos últimos anos
Por Redacción
Do mesmo xeito que outros municipios da súa contorna, Ponte Caldelas comezou o ponte da constitución acendendo a súa iluminación do Nadal, cualificada desde o goberno local como "a mellor iluminación" dos últimos anos.
Co obxectivo de manter a ilusión nos veciños e animar ás compras dos agasallos típicos no comercio local, as rúas locen xa a súa nova e festiva imaxe.
A pesar de non celebrarse un gran acto, foron moitas as familias que acudiron ao aceso das luces tentando manter o distanciamento social.
Nesta ocasión, ademais da tradicional árbore da Praza do Bispo e das luces nas camelias, a Praza de España acolle unha caixa de regalo que permite o paso polo seu interior, un bóla acompañado das palabras 'Bo Nadal', un photocall familiar de renos, catro cervos á beira da pérgola e cinco pequenos árbores.
Por outra banda, na Praza de Praceres Castellanos Pan colocouse unha árbore, iluminouse con máis intensidade a ponte de madeira e instaláronse árbores nas rotondas de Cuñas e Parada. Tamén hai iluminación nas principais rúas da vila e bólas colgantes na Alameda.
Relacionadas:
-
Andrés Díaz anuncia unha redución de bombillas e horarios de iluminación para este Nadal
Por Redacción |
-
Papá Noel pasa por Ponte Caldelas na súa ruta de Noiteboa
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas dará un vale de 10 euros por vivenda para mercar no comercio local
Por Redacción |
-
As luces de Nadal iluminarán Ponte Caldelas a partir do venres
Por Redacción |
-
50 vales de 50 euros para que ningún escolar quede sen agasallo este Nadal
Por Redacción |