Falece aos 92 anos Francisco Barbeito, presidente e fundador de Cristalería Pontevedresa
Por Diego Espiño
Pontevedra perdeu este sábado 5 de decembro a un dos seus empresarios de referencia e maior éxito internacional.
Francisco Barbeito Castro, presidente e fundador de Cristalería Pontevedresa SA (actualmente Pontevedresa Group) faleceu aos 92 anos de idade.
Barbeito recibira en xaneiro de 2019 o Premio Cidade de Pontevedra por ser "un referente de traballo, de honestidade e de conexión permanente con Pontevedra", encomiou entón o xurado.
No seu discurso o empresario pontevedrés quixo sinalar que "yo no merezco este premio sino todas las personas que nos han acompañado en estos 60 años".
A capela ardente instalouse no domicilio familiar en Mourente, pero detallouse que non se recibe duelo. O funeral polo seu eterno descanso terá lugar este luns 7 de decembro ás 12.00 horas na Igrexa Santa María de Mourente.
Relacionadas:
-
Impulsan desde Pontevedra un ambicioso proxecto de investigación de vidros ultralixeiros
Por Alejandro Espiño |
-
Francisco Barbeito e o Centro Educativo da ONCE, orgullosos co seu Premio Cidade de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O empresario Francisco Barbeito e o centro da ONCE, premios Cidade de Pontevedra 2018
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Francisco Barbeito, Carmen Abeledo e o CRE da ONCE, candidatos aos Cidade de Pontevedra
Por Redacción |