A Policía Autonómica denunciou 30 locais de Pontevedra por vender alcohol a menores
Por Oskar Viéitez
O Grupo de Menores da Policía Autonómica tramitou na Comisaría de Pontevedra, no que vai de ano, 32 denuncias, tanto a menores como a establecementos, por infrinxir a lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores.
Segundo informou a Xunta, dende a entrada en vigor da lei, a Policía Autonómica está a levar a cabo durante os fins de semana unha serie de dispositivos para comprobar o cumprimento da normativa e detectar a venda, consumo e subministración de alcohol a menores.
Das 262 inspeccións realizadas derivaron 30 denuncias a locais.
En relación ás denuncias a menores por consumo de alcohol en Pontevedra foron dous.