Decorar os escaparates de Nadal ten premio en Pontevedra
Ata 3.000 euros, repartidos en tres premios de 1.500, 1.000 e 500 euros, é a recompensa que recibirán os establecementos comerciais de Pontevedra que mellor teñan decorados os seus escaparates. Será a través dun concurso organizado pola plataforma #PonteLovers.
Os comercios que queiran competir nesta iniciativa, na que o xurado será o propio público, poderán inscribirse entre os días 12 e 20 de decembro. Para iso só teñen que sacarlle unha foto ao seu escaparate e rexistrarse nun formulario electrónico.
As votacións desenvolveranse dende o domingo 21 ata o luns 28 de decembro e o nome dos gañadores publicarase o martes 29 de decembro ás 21:00 horas a través das redes sociais do Concello de Pontevedra.
Entre todos os clientes que participen na elección dos gañadores vanse a sortear 20 cheques regalo cun valor de 25 euros cada un, válidos para calquera dos negocios participantes.
A concelleira de Promoción económica, Yoya Blanco, explicou que este concurso busca que os comercios "amosen a súa mellor cara" nestes tempos difíciles para todos, contribuíndo a atraer á cidadanía para que fagan as súas compras nos establecementos da cidade.
"Agardamos que sexan moitos os locais e os votantes", destacou Noemi de Miguel López, directora de Contas de Sra. Nona Brand, a axencia creativa de publicidade encargada da organización dun concurso que, engadiu, dará aos participantes "a maior visibilidade posible"
PASARRÚAS DE NADAL
Ademais deste concurso, Promoción económica organizou unha serie de pasarrúas de Nadal que, a partir do día 19 de decembro, percorrerán as rúas máis céntricas, o centro histórico ou os barrios do leste da cidade, Campolongo e Monte Porreiro.
Será da man da compañía pontevedresa Pablo Méndez, que inspirou todos os seus espectáculos no famoso Nadal de Disneyland "polo que serán moi estéticos e con moita fantasía" e que permitirán que Papá Noel pasee dun xeito especial pola cidade.
"Vai haber un montón de personaxes e animacións moi diversas das que non imos facer spoiler", engadiu o responsable destas montaxes de animación.
Relacionadas:
-
A tenda Nalatcha gaña o concurso de escaparates de Nadal de Pontevedra
Por Redacción |
-
Un cento de comercios de Pontevedra compiten nun certame de escaparatismo
Por Redacción |
-
VIDEO.- Gravan unha campaña para animar os pontevedreses a comprar no comercio local
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Cal é este ano o anuncio 'top' do Nadal nas Conversas na Ferrería?
Por Marisa Ciordia |
-
O Mercado de Abastos transfórmase nunha pasarela de moda
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Amencer decora de Nadal a rúa Manuel Quiroga
Por Redacción |
-
Decorados de fantasía en prazas e parques para promover o movemento económico nestas festas
Por Redacción |
-
Os barrios da cidade contarán cun "universo de fantasías" de Nadal
Por Redacción |
-
As luces festivas xa iluminan Pontevedra porque hai máis motivos que nunca para celebrar o Nadal
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Así é a postal de Nadal que propón Pontevedra
Por Alejandro Espiño |