Catro asociacións empresariais denuncian diante da Xustiza o peche ao tráfico de Raíña Vitoria
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O avogado pontevedrés Evaristo Estévez presentou "a título particular" un recurso contencioso administrativo contra o bando da Alcaldía polo que se decretou o peche ao tráfico dun tramo da rúa Raína Vitoria.
A esta denuncia persoal "para evitar la firmeza" da decisión "antijurídica" do Concello, adheríronse as asociacións empresariais AEMPE, Jóvenes Empresarios, a Cámara de Comercio e os hostaleiros de HOEMPO.
Este venres o letrado compareceu en rolda de prensa acompañado do presidente de Aempe, José María Corujo, e o representante da Cámara, Eduardo Barros, así como responsables do resto de colectivos co demandantes.
Evaristo Estévez non quixo desvelar os fundamentos xurídicos nos que basea o seu recurso, farao en sede xudicial unha vez que o Concello presente a súa defensa.
Explicou que o bando do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asinouse o 23 de setembro e Evaristo Estévez presentou o recurso un mes despois, o 22 de novembro, diante da sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O avogado descartou solicitar medidas cautelares que revoguen o bando da Alcaldía "porque desde un punto de vista jurídico no voy a decir que sería un suicidio, pero casi" ir en contra dunha disposición xeral. Tampouco cuestiona o fundamento do corte ao tráfico da rúa "que supuestamente es el beneficio de la salud de los profesores y alumnos del instituto Sánchez Cantón".
Á vista dos tempos cos que resolve a Xustiza é previsible que o recurso tarde en resolverse varios anos "cuando ya haya una nueva Corporación municipal en Pontevedra" pero este avogado afirma que a súa acción xudicial "no la veo tanto como un fin sino como un medio" que presione ao Goberno local a abrir unha mesa de diálogo con todos os afectados por esta medida "desproporcionada y no justificada" de pechar ao tráfico Raíña Vitoria.
Evaristo Estévez sinalou que "todos los colectivos debemos ser escuchados antes de adoptar determinadas decisiones". "Nos estamos planteando que la democracia consiste simplemente en votar cada cuatro años y otorgar una patente de corso a aquel que resulta elegido. Eso también lo hace Nicolás Maduro estos días, pero no por ello es más demócrata", dixo. "La democracia consiste en hablar y llegar a acuerdos con todos los colectivos" engadiu.
O representante da Cámara, Eduardo Barros, apuntou que "lo que no vamos a permitir es que se tome esto como una dictadura, que es lo que parece". "No existe patente de corso", insistiu.
Eduardo Barros dixo que "no nos representa alguien que toma decisiones en contra de los beneficios de sus ciudadanos y de sus empresarios y de sus trabajadores". "No permitiremos que se pisoteen nuestros derechos", dixo o representante da Cámara de Comercio."Esto no es Venezuela", sentenciou.
Relacionadas:
-
A xustiza avala o peche de Raíña Vitoria, que o Concello estuda facer definitivo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Comeza a instalación da tirolesa en Raíña Victoria
Por Redacción |
-
A avenida Raíña Vitoria vai adaptarse para ser unha praza "provisional" para skaters
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Instalarán unha tirolesa de 150 metros en Raíña Vitoria que só se poderá utilizar se se compra no comercio local
Por Alejandro Espiño |
-
O PP, preocupado porque o peche de Raíña Vitoria atrasa as intervencións dos servizos de emerxencia
Por Redacción |