Oculta droga nun bocadillo para non seren detida pola Policía Nacional
Por Redacción
A Policía Nacional detivo unha moza de 22 anos que ocultou droga entre o friame do seu bocadillo para burlar o rexistro dos axentes. Á detida, segundo informou a comisaría de Marín, considéraselle autora dun delito contra a saúde pública.
A moza foi sorprendida polos axentes no marco das vixilancias que este corpo policial realiza para previr o tráfico de droga na contorna dos centros escolares.
Estaba, segundo a versión policial, acompañada doutra persoa dentro dun coche e, ao ver aos axentes, trataron de marchar do lugar.
Ao mozo que estaba con ela incautóuselle un cogollo de marihuana de 0,9 gramos e a detida só levaba na súa man un bocadillo e os axentes non lle atoparon droga.
Pero un dos policías deuse conta de que no interior do bocadillo, ademais do friame, había unha tableta plastificada con 100 gramos de haxix.
Tras un rexistro do vehículo os axentes atoparon ocultos outros 40 gramos de cogollos de marihuana.
Relacionadas:
-
Desarticulado un punto de venda e distribución de droga no centro de Marín
Por Redacción |
-
Un home de 54 anos, detido dúas veces en apenas dúas semanas por vender droga en Marín
Por Redacción |
-
Deteñen un mozo de Marín que, ao ver á Policía Nacional, tirou ao chan unha bolsa con heroína
Por Redacción |