Sanxenxo prevé investimentos de case 13 millóns no marco do nuevo contrato da auga
Por Redacción
Case 13 millóns de euros terá que investir a empresa que resulte adxudicataria do novo contrato da auga de Sanxenxo. Ese investimento será destinada a obras de abastecemento e saneamento, segundo avanzou o goberno municipal.
A concesión deste contrato está prevista para un período de 25 anos e, ata que se resolva o concurso, o servizo seguirao prestando a actual concesionaria, á que se lle vai a prorrogar o contrato durante uns meses.
As actuacións que deberá acometer a nova empresa, segundo detallou o alcalde, Telmo Martín, dotarán de auga e saneamento a 726 vivendas do rural, permitirán substituír os tramos vellos de tubaxes e supoñerán a construción dun novo depósito en Vilalonga.
Estas melloras, explicou Martín, permitirán ampliar ou mellorar 55 quilómetros da rede actual, 27.039 metros de abastecemento de auga e 28.369 metros de tubaxe de saneamento.
En concreto, 43 das 65 obras previstas serán para ampliar as redes actuais, permitindo que ambos os servizos cheguen a esas 726 novas vivendas das zonas rurais.
Para a renovación da redes haberá 15 actuacións, entre as que destaca a substitución de tramos de tubaxes de fibrocemento por PVC aumentando a súa capacidade.
É o caso da tubaxe de auga entre Major e Portonovo (3.190 metros) de fibrocemento e 200 milímetros que se substituirá por unha de PVC de 250.
O novo depósito de Vilalonga forma parte das sete actuacións en materia de infraestruturas do abastecemento de auga. Este tanque supoñerá aumentar a capacidade de almacenamento do municipio nun 28% e sumarase aos seis actuais, que quedan un pouco xustos para atender a toda a poboación no verán.
Ademais, contémplase a substitución de todos os contadores, actualmente analóxicos, por modelos dixitais e a ampliación da conexión entre distintos puntos da rede de abastecemento.
Relacionadas:
-
Un total de 21 empresas visitan as instalacións municipais con motivo da licitación do novo contrato da auga
Por Redacción |
-
Sanxenxo sopesa subir o recibo da auga para facer viable a xestión do servizo
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello reparará con urxencia un tramo da tubaxe de pluviais entre Vidal Rocha e Castelao
Por Redacción |
-
Sanxenxo prorroga medio ano a actual concesión da auga
Por Redacción |
-
Reducir a emisión de CO2 en máis dun 40%, obxectivo do Plan de Acción de Sanxenxo cara o 2030
Por Redacción |
-
Sanxenxo humanizará a Rúa do Vento e renovará servizos noutros puntos do municipio
Por Redacción |
-
Sanxenxo rebaixará o recibo da auga e manterá conxelados o resto de tributos
Por Redacción |