Festa de 'Volta ao cole' na zona monumental
Por Oskar Viéitez
O Centro Comercial Urbano Zona Monumental quere celebrar a Volta ao cole cunha festa. Ata agora os comerciantes do centro histórico pontevedrés organizaban unha festa co final do curso pero este ano decidiron que os pequenos regresen contentos ás aulas.
A festa será o mércores 11 de setembro con horarios de 11 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.
Situaranse inchables repartidos polas diferentes prazas do casco histórico:
- Mendez Núñez: Gardaría e o Twister
- Curros Enríquez: Zona interactiva e futbolín humano (de 5 a 12 anos)
- Serra: Pista americana e Circuito Easy Roles (de 7 a 12 anos)
- Padre Luis: Titanic (de 6 a 14 anos)
- Valentín García Escudero: Casiña (6 a 8 anos)
Ademais ás 18:00 horas na Praza de Méndez Nuñez haberá unha actuación de maxia e para finalizar, unha Festa da Escuma ás 19:00 horas na Praza da Pedreira. Neste último caso é recomendable que os nenos leven lentes de piscina para evitar o picor nos ollos.
O presidente do Centro Comercial Urbano, Miguel Lago, explicou que este tipo de iniciativas buscan dinamizar o comercio local que "continúa na mesma tendencia que os últimos anos en canto ás vendas de hostalaría e comercio á marxe dalgúns momentos de éxito como a Feira Franca".