Os hostaleiros seguen recollendo apoios na súa peregrinación ata o Congreso dos Deputados
Por Oskar Viéitez
O grupo de empresarios pontevedreses do "Equipo Rescate Hostalería" afrontan este domingo a sétima etapa de peregrinación a pé ata Madrid para esixir ao Goberno o rescate do seu sector. Transcorrerá entre Puebla de Sanabria e Otero Bodas. En Férreas de Abajo está prevista a recepción por parte do alcalde, Jesús Fernández López, así como da Asociación Cultural 3 Ventos.
Nas últimas horas recolleron o apoio de Adolfo Pérez Esquivel. O Premio Nóbel da Paz de 1980, envía un vídeo aos camiñantes no que pide aos políticos que tomen as decisións correctas para axudar á hostalería.
Este vídeo súmase aos recibidos nos últimos días por parte de persoas de relevancia pública como os cociñeiros Pepe Solla, Javi Olleros (Culler de Pau), Rafa Centeno (Maruja Limón), Gerson Iglesias (Cociñando doutro Xeito) e Ketty Fresneda (Kutun Cocina Traviesa). Tamén enviaron vídeos de apoio o futbolista Charles Díaz Brau, o actor David Amor, a cantante Irene Iglesias ou o tatuador Pedro José Pérez.
Ademais, no seu periplo os camiñantes foron recibidos por parte das corporacións municipais de Riós e A Gudiña. Pero se houbo algo que lles recargou especialmente as pilas ao Equipo Rescate Hostalería, iso foi a visita sorpresa dos seus familiares (1 por persoa), organizada polo equipo técnico e loxístico, e a propósito de que deixar Galicia supoñería unha barreira emocional importante para eles.
Para este desprazamento, do mesmo xeito que para a propia marcha, foron solicitados e aprobados todos os permisos necesarios para non incumprir en ningún caso a normativa do Estado de Alarma e os peches perimetrais.
Os dez primeiros quilómetros da sexta etapa, ata a fronteira con Zamora, fixérona acompañados polo seu familiares. Ao chegar a Lubián recibiunos un grupo de gaitas e, pouco despois, uniuse a eles o alcalde Felipe Lubián. E en Puebla de Sanabria foron recibidos por representantes municipais, co alcalde José Fernández á fronte e a asociación local de hostaleiros.
Relacionadas:
-
A hostalería escenifica o seu enterro tras unha reapertura parcial “totalmente insuficiente”
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pérez Jácome, alcalde de Ourense, recibe o 'Equipo Rescate Hostelería' na súa andaina a Madrid
Por Redacción |
-
Primeiros contratempos físicos no 'Equipo rescate hostalería' no seu camiño cara a Madrid
Por Redacción |
-
'Operación Rescate Hostelería' completa a súa primeira etapa e obtén a solidariedade do alcalde de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Empeza a operación 'Rescate hostalería': rumbo a Madrid tras recibir o apoio de PSOE e PP a nivel local
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |