Desaloxan os residentes dun edificio de Sanxenxo por un incendio nun rocho
Por Oskar Viéitez
Os veciños de cinco vivendas dun edificio da rúa Luís Vidal Rocha, en Sanxenxo, foron desaloxados tras o incendio nun rocho do inmoble.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo o suceso tivo lugar sobre as 16.30 horas deste domingo sen que houbese danos persoais.
Durante máis de dúas horas os bombeiros ventilaron mecanicamente as dependencias afectadas polo fume.
Aínda que o lume limitouse ao espazo confinado do rocho o fume coouse polo oco do ascensor cara ás zonas comúns, como os corredores ou garaxes, o que obrigou a desaloxar aos residentes no inmoble por seguridade.