O equipo de arquitectos de 'Os luns ao sol' visitan a praza de abastos de Sanxenxo
Por Redacción
Toni Bosch, Jordi Estarca, Pol Boch e Dani Masana, equipo de arquitectos que xunto a Uxía Varela redactaron o proxecto 'Os luns ao sol' para remodelar a praza de abastos de Sanxenxo, visitaron este luns este emprazamento acompañados do alcalde, Telmo Martín, a concelleira de Urbanismo, Flavia Besada e o arquitecto municipal, Rafael Vázquez.
Durante o percorrido tiveron ocasión de conversar cos placeiros a quen trasladou o seu compromiso de manter diálogo aberto para realizar posibles axustes ou melloras sobre o deseño gañador. Unha das dúbidas expostas é o efecto que pode ter sobre o produto fresco o acristalar o edificio; respecto diso estes técnicos sinalaban que "existen diversas formas totalmente sostibles para manter á temperatura adecuada o interior do inmoble".
“Estamos gratamente sorprendidos co entusiasmo e a implicación que o equipo de goberno demostrou desde un primeiro momento co proxecto, pero sempre tendo os pés no chan e dando prioridade á actividade do mercado”, manifestou o directo do proxecto Toni Bosch.
A comitiva desprazouse tamén ata a Sala Nauta onde se expoñen os máis de sesenta proxectos que concorrían ao concurso de ideas para a remodelación e humanización do mercado de abastos e a súa contorna. A exposición está aberta ao público desde este martes 15 de decembro e pódese visitar de luns a venres en horario de 09 a 14 horas.
Relacionadas:
-
Conta atrás para o novo mercado de abastos de Sanxenxo coas primeiras catas de terreo
Por Redacción |
-
Sanxenxo busca financiamento para facer realidade o proxecto de reforma do mercado de abastos
Por Redacción |
-
Os luns ao Sol, lema do proxecto gañador do concurso de ideas para o mercado de abastos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo aproveita o peche do ximnasio e a piscina pola covid-19 para facer unha renovación profunda
Por Redacción |
-
O concurso para deseñar o novo mercado de abastos de Sanxenxo ten 17 finalistas
Por Redacción |