Nova entrega de composteiros no municipio da Lama
Por Redacción
O programa de compostaxe domiciliaria no municipio da Lama continúa desenvolvéndose de forma que este luns o Concello entregou ata 57 novos composteiros individuais. Estas entregas de realizan nunha primeira fase de implantación do plan Revitaliza que promove a Deputación de Pontevedra e que persegue ofrecer unha solución ambiental aos residuos que se producen nos fogares.
Mentres estas últimas entregas facíanse no campo de fútbol de Racelo, na Alameda instalábase un día máis unha carpa informativa para atender aos veciños do municipio que poidan estar interesados en sumarse á iniciativa. Información que tamén recibiron os veciños que se achegaron a recoller os seus composteiros.
Desde o Concello da Lama móstranse satisfeitos coa entrega realizada hoxe, tanto polo número de persoas interesadas neste sistema de reciclaxe, como pola colaboración veciñal en xeral que están a atopar para dar un aproveitamento ecológicoa os residuos orgánicos.
Relacionadas:
-
O colexio da Lama fará compost para abonar un horto ecolóxico no centro
Por Redacción |
-
Novas achegas do Plan Concellos beneficiarán a O Grove, A Illa de Arousa e A Lama
Por Redacción |
-
A nova web da Lama incorpora un portal inmobiliario e unha guía comercial
Por Redacción |
-
Persoal do Plan Revitaliza traslada información á veciñanza sobre a compostaxe
Por Redacción |