Iñaki Bretal logra para O Eirado a primeira Estrela Michelin para un restaurante de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
As boas noticias para a gastronomía da provincia de Pontevedra non quedaron nas dúas Estrelas Michelin que recibiu o Culler de Pau de Javier Olleros. Dous novos restaurantes lograron o seu primeiro recoñecemento da prestixiosa Guía Michelin.
Un deles foi O Eirado, o primeiro establecemento da cidade de Pontevedra en obter unha Estrela Michelin. É todo un premio ao exquisito traballo do cociñeiro Iñaki Bretal.
Desde a Guía Michelin, quixeron poñer en valor a cociña "moi persoal e de fondas raíces galegas" de Iñaki Bretal e traballo para realzar a "excelente calidade" dos produtos locais "con técnicas depuradas e texturas delicadas".
Xunto a O Eirado, o Silabario de Vigo logra recuperar o distintivo que tiña cando este restaurante estaba situado en Tui. No seu caso, destacaron a cociña "con sabor e fundamento" de Alberto González Prelcic e cunha "forte raíz tradicional pero do século XXI"
Ata o de agora eran cinco os restaurantes da provincia que con este distintivo gastronómico. Xunto a Culler de Pau, tíñana Pepe Vieira (Poio), Casa Solla (Poio), Yayo Daporta (Cambados) e Maruja Limón (Vigo). Estes catro lograron renovala.
Relacionadas:
-
O Loxe Mareiro de Carril estrea o seu primeiro 'Sol' da Guía Repsol
Por Redacción |
-
Os cociñeiros con Estrella Michelín serán nomeados embaixadores de Rías Baixas
Por Alejandro Espiño |
-
Iñaki Bretal, chef 'estrela' de O Eirado: "É algo que Pontevedra merecía. É bo para todos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Javier Olleros, tras recibir dúas Estrelas Michelin: "Galicia é o lugar que me permite ser o que son"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Culler de Pau, primeiro restaurante de Galicia que obtén dúas Estrelas Michelin
Por Alejandro Espiño |