Sanidade notifica 82 casos activos máis na área Sanitaria nas últimas 24 horas
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Sanidade notificou 82 casos activos máis na área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés nas últimas 24 horas.
No concello de Pontevedra son 231 casos activos, 1 menos que onte. hai un total de 1.553 contactos en seguimento. En Poio son 33 casos este martes, 2 menos que o luns e 299 contactos en seguimento. En Marín son 53 casos activos, sen variación respecto a onte, e hai 341 contactos en seguimento.
Este martes 15 de decembro, na Área Sanitaria increméntanse os casos activos de covid-19 ata alcanzar os 867, son 19 máis que onte xa que tamén se deron 63 altas de pacientes que se curaron.
Mantense 44 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización.
Concretamente, 33 están ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 2 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 9 no Hospital do Salnés.
Continúan 8 pacientes de coronavirus na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Así mesmo, permanecen 815 casos covid evolucionando en domicilio.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 5.237 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 71 pacientes o último, onte en Montecelo, un home de 91 anos, procedente da residencia Soremay Pontevedra.
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 811, que se engaden ás 102.136 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.598, deles 929 son da área da Coruña, 470 da de Lugo, 436 da de Ourense, 867 da de Pontevedra, 1.329 da área de Vigo, 1.005 da de Santiago, e 562 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 319 en unidades de hospitalización e 5.223 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 50.190 persoas curadas, rexistrándose 1.319 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 999.234.