Comeza a mellora do entorno do centro de saúde de Ponte Caldelas
Por Redacción
A empresa Caldevergazo SL comezou os traballos de mellora do entorno do centro de saúde, que consiste nunha actuación integral na parte traseira do edificio da Casa Consistorial.
A intervención aplicará dunha nova capa de rodadura de 5 centímetros de grosor a todo o ámbito de actuación e suporá a reordenación dos aparcamentos e as circulacións coa pertinente sinalización horizontal e vertical.
Este martes comezaron os traballos coa limpeza mecánica do firme existente e o fresado do pavimento asfáltico. A obra tamén contempla a demolición dunha pequena superficie que ten pavimento de formigón, poranse a cota as tapas de pozos e arquetas e aplicarase unha capa de cinco centímetros de aglomerado asfáltico D-12.
A obra rematará co pintado da sinalización horizontal, con pintura reflexiva con microesferas de vidro, e a instalación da sinalización vertical.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas completa a mellora da contorna do centro de saúde
Por Redacción |
-
Adxudican as obras para a mellora do pavimento e organizar o tráfico na contorna do Centro de Saúde
Por Redacción |
-
Revolución na contorna do centro de saúde de Ponte Caldelas: reordenación dos aparcamentos e tráficos
Por Redacción |