Falece unha muller de 94 anos por covid no Complexo Hospitalario de Pontevedra procedente da residencia Soremay
Por Redacción
A Consellería de Sanidade notificaba este martes o falecemento de catro persoas diagnosticadas por coronavirus en Galicia.
Entre estas vítimas atópase, de novo, unha paciente procedente da Residencia Soremay de Pontevedra, que perdía a vida no Hospital Montecelo. Desta forma, continúan produciendose decesos nesta Residencia onde se detectou un importante brote de persoas contaxiadas, entre usuarios do centro e persoal. A muller falecida contaba con 94 anos de idade e no seu cadro clínico figuraban enfermidades previas á covid-19, segundo informan desde a Consellería de Sanidade.
Con esta vítima, o número de persoas falecidas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ascende a 72 persoas desde o inicio da pandemia e seguen sumándose falecementos practicamente a diario durante a última quincena.
As outras tres persoas que morrían nas últimas horas son: unha muller de 89 anos, que falecía no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; unha muller de 93, no Complexo Hospitalario da Coruña e outra muller de 93 anos, que falecía na Residencia Vila do Conde de Gondomar.Todas as vítimas contaban tamén con patoloxías previas.
A comunidade autónoma suma xa 1.323 vítimas mortais como consecuencia da covid-19, segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde.
Relacionadas:
-
Descende o número de infeccións na Residencia Soremay
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Alerta en Pontevedra tras detectarse unha repunta de casos "nos últimos dous ou tres días"
Por Alejandro Espiño |
-
Aumentan as restricións en Bueu e A Illa e levántase o peche perimetral en Barro
Por Redacción |
-
Sanidade notifica 82 casos activos máis na área Sanitaria nas últimas 24 horas
Por Oskar Viéitez |
-
Nova vítima da covid-19 no Hospital Montecelo usuaria da residencia Soremay
Por Redacción |
-
Outro residente de Soremay falece por coronavirus no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
Un home de 60 anos, novena vítima mortal da covid nos últimos cinco días en Pontevedra
Por Redacción |