#Defensorasdedereitos, unha colección que recolle o labor de mulleres defensoras de dereitos humanos
Por Redacción
O Museo de Pontevedra acollía este mércores un acto no que a presidenta provincial Carmela Silva; a portavoz da Coordinadora Galega de ONGD, Lorena Seijo; e Marusia López, cofundadora de IM-Defensoras, que se conectou telematicamente desde México, presentaban os tres libros de 'Defensoras de Dereitos', unha iniciativa que busca a defensa dos dereitos humanos mostrando o labor que realizan as mulleres nas rexións máis perigosas do mundo.
A periodista Lara Dopazo é a autora destes tres exemplares enmarcados neste proxecto da Deputación e da Coordinadora, en colaboración coa Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Dereitos Humanos.
As obras narran as vidas e o compromiso de Miriam Suazo, Estela Ángeles Mondragón e María Cuc Choc, tres activistas de Honduras, México e Guatemala, respectivamente. Elas forman parte de máis de 2.000 mulleres defensoras organizadas en Mesoamérica.
Esta colección diríxese ao público xuvenil e conta cun formato adaptado para que se reflexione e traballe sobre o seu contido nos centros educativos e en espazos socioculturais.
Carmela Silva, presidenta da Deputación encomiou neste acto o traballo que desempeñan estas mulleres afirmando que son un exemplo de vida e que merecen un recoñecemento global. Afirmou que a institución provincial colabora nesta proposta porque é unha obriga xa que as administracións teñen que apoiar as iniciativas que nacen da sociedade civil e que buscan xustiza.
Relacionadas:
-
As 'Defensoras de Dereitos' volven por terceiro ano con dous novos libros e máis actividades na provincia
Por Redacción |
-
Activistas de Honduras, Guatemala, El Salvador, México e Nicaragua protagonizan a II edición de 'Defensoras de Dereitos'
Por Redacción |
-
A Deputación súmase ao Día para a Erradicación da Pobreza e anuncia que repetirá o ciclo 'Defensoras de dereitos'
Por Redacción |
-
"Un país sen feminismo é un país sen xustiza"
Por Natalia Puga |