Nova substitución na xefatura da comisaría da Policía Nacional en Marín
Por Redacción
A comisaría da Policía Nacional de Marín terá proximamente un novo xefe.
O actual comisario, Esteban Pinilla, será trasladado a un novo destino despois de ano e medio no cargo.
Antes de que isto suceda a alcaldesa, María Ramallo, recibiu este xoves ao aínda xefe, ao que desde o goberno local agradecen "a súa enorme implicación e o seu bo labor" sobre todo nun ano tan complexo como o actual.