A Universidade e o Foro Empresa Pontevedra fortalecen os seus lazos de colaboración
Por Redacción
A Universidade de Vigo e o Foro Empresa Pontevedra asinaron este xoves un convenio marco de colaboración, nun acto celebrado na sede da Vicerreitoría do campus.
Trala sinatura deste acordo, o vicerreitor do campus de Pontevedra, Jorge Soto, salientou que "é importante que dúas institucións unan esforzos para intentar desenvolver actividades e actuacións que vaian a favor da cidade e da provincia".
O convenio ten como propósito fortalecer os seus lazos de colaboración entre a institución académica e este foro de debate e impulsar conxuntamente proxectos e actividades.
O presidente do Foro Empresa Pontevedra, Arturo Ramírez, o vicepresidente, José Ramón Carril, e a vogal da súa xunta directiva Lucía Pedroso participaron este xoves, xunto ao vicerreitor e o director da Área de Infraestruturas do campus, José María Cancela, na sinatura deste convenio marco, de catro anos de duración.
O Foro Empresa Pontevedra é unha iniciativa que iniciou a súa andaina no ano 2015, por iniciativa da Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (Aempe), a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), a Cámara de Comercio e un grupo de empresarios a título persoal, constituíndose en 2016 como unha asociación que pretende servir como "punto de encontro" no que empresariado, profesionais, asociacións ou administracións poidan compartir coñecementos.
Como explicou Ramírez, a colaboración coa Universidade "danos a oportunidade de poder seguir trasladando solucións á incerteza que nos rodea diariamente".
Relacionadas:
-
Colaboración entre a Universidade de Vigo e AJE para impulsar proxectos de economía social
Por Redacción |
-
O campus prepara un cóctel de eventos para revolucionar a axenda científica, cultural e artística da cidade nos próximos anos
Por Redacción |
-
AJE e a Asociación Galega de Corredores de Seguros asinan un acordo de colaboración
Por Redacción |