Arrancan as obras de mellora do abastacimiento de auga en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
Arrancan as obras de mellora do abastecemento de auga de Sanxenxo, que supoñerá a construción dos depósitos de Dorrón II e Buezas, cun volume de 8.500 e mil metros cúbicos, respectivamente.
Os novos depósitos almacenarán un volume de auga equivalente ao consumo do concello durante 24 horas
Coa construccion destes depósitos conseguirase satisfacer as demandas de caudal nos momentos de máximo consumo, garantindo a presión na rede, e permitindo que a auga chegue a todos os puntos de demanda. Así mesmo, proporcionará maior flexibilidade ao sistema fronte a posibles avarías ou roturas na rede, ao poder almacenar nos novos depósitos un volume equivalente ao consumo do concello durante 24 horas.
Esta actuación forma parte do proxecto de Novo Abastecemento de Auga a Pontevedra e a súa ría do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
O proxecto executarase para os concellos de Pontevedra, Poio e Sanxenxo, cun investimento de 27,5 millóns de euros. Mentres, na marxe esquerda, se actuará nos concellos de Pontevedra, Marín e Vilaboa, cun desembolso de 12, 4 millóns de euros.
A actuación está financiada nun 85% polo Estado, a través dos Fondos FEDER europeos e de fondos propios, mentres que o 15% restante o achegan os cinco concellos beneficiados.